A oferta de Xuvenlugo estruturarase en dúas partes, unha área lúdica cun espazo infantil con inchables e xogos para os máis pequenos, un espazo de animación con obradoiros de manualidades, zona de xogo musical interactivo, circuíto de minigolf e videoxogos; e un espazo dedicado a atraccións típicas das festas dos pobos; e unha área deportiva que disporá dunha pista de slot, unha pista profesional de karting e unha pista infantil de karts. Este ano haberá tamén karts con máis potencia, case de competición, para seren usados polo público adulto.
Ademais durante Xuvenlugo os rapaces e rapazas desfrutarán da visita de personaxes tradicionais das nosas festas como o Apalpador, e durante todos os días, o Paxe Real recollerá as cartas dos máis pequenos para facerllas chegar a tempo e forma tanto a Papá Noel como aos Reis Magos.
Grazas ao apoio económico da Área de Cultura e Turismo da Deputación hoxe celebrouse unha xornada de portas abertas no que todas as familias puideron acudir a XuvenLugo de xeito gratuíto, co que o recinto permaneceu ateigado contándose os visitantes por varios centos.