Site icon Crónica3.com A Mariña

Chao de Castro-Altair organiza un Campamento de Nadal entre o 20 e o 23 de decembro

O grupo de educación nos tempos libres Chao de Castro-Altair de Burela organiza un campamento dirixido a nenos/as de 7 a 14 anos dende o día 20 ao 23 de decembro (ambos incluídos) en Vilela (Ribadeo).

Coma nos restos de campamentos, conta cunha casa de apoio: o albergue do pobo, nesta ocasión.

O custe da actividade é de 50€, para os non soci@s e 30€ para os soci@s. Ademais vamos aplicar un 2×1 para os irmáns ou irmás. Hai que destacar que os non soci@s co pagamento do campamento teñen pagadas as actividades do mes de xaneiro.

Para máis información chamar ao seguinte número: 685 32 51 53 ou enviar un e-mail á seguinte dirección: chaodecastro.altair.burela@gmail.com.

Exit mobile version