A blogueira Silvia Navarro ofrecerá este venres pola tarde a partir das 16:30 horas unha charla / coloquio baixo o título de Cómo hacer y posicionar un blog. Silvia Navarro creou o seu propio blog www.1sillaparamibolso.es fai tres anos e convertéronse nun auténtico éxito. A charla, que terá lugar na Casa das Letras, está organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo e conta coa colaboración do Concello, a través da Delegación de Desenvolvemento Local e Turismo.