Site icon Crónica3.com A Mariña

Ciclo de conferencias sobre o Camiño de Santiago na Casa das Letras de Ribadeo

Este xoves 19 de decembro a Asociación Cultural Casa das Letras de Ribadeo inicia un ciclo de conferencias co que quere contribuir a por en valor un dos elementos patrimoniais máis salientables de Galicia: o Camiño de Santiago.

Durante os meses de decembro de 2013 e xaneiro, febreiro e marzo de 2014, importantes estudosos do tema xacobeo achegarannos, a traves das suas aportacións, ao mundo das peregrinacións dándonos a coñecer o pasado, presente e futuro dos diferentes Camiños de Santiago.

A primeira das conferencias correrá a cargo do historiador e responsable do Centro de Interpretación do Camiño Norte que a Xunta de Galicia ten en Mondoñedo, Xoán Ramón Fernández Pacios, quen falará da “Historia do Camiño do Norte en Galicia”.

Ademais estan xa programadas outras catro ponencias para os vindeiros meses que correran a cargo de Laureano García (As Rutas Xacobeas en Asturias), Ricardo Polín (O Camiño Primitivo en Galicia), Carlos Mencos (O Camiño Norte no País Vasco e Cantabria) e John Rutherford (Vivenzas no Camiño de Santiago).

Nese obxectivo global de valorizar o mundo xacobeo que ten a Asociación Cultural Casa das Letras de Ribadeo, cabe lembrar a recente publicación dun CADENO DE VIAXES sobre o CAMIÑO NORTE; a través de 60 acuarelas do pintor galego Eduardo Baamonde e dun breve texto introductorio en tres idiomas autoría do Profesor da Universidade de Oxford e gran experto xacobeo, John Rutherford, o peregrino e visitante pode achegarse aos elementos patrimonias máis destacados desta ruta.

Exit mobile version