Aínda así, foron un total de 42 as creacións que os participantes enviaron ben por mail ou polos perfiles das redes sociais. Nos seus traballos reflexábase o que para cada un significaba a Federación de comerciantes da Mariña, sendo a unión, a comarca, a M da Mariña e as compras as características que máis predominaron e empregaron os creadores nos seus deseños.
Difícil foi a elección para o xurado, que debía avaliar a creatividade, a innovación, a calidade artística e a mellor forma de plasmar o que representa a unión de todos os comercios da Mariña nun único ente. Finalmente o premio recaeu en David Rivas Peña, natural do Concello de Barreiros e que definía así a súa proposta:
“Pártese da idea da bolsa como icono referente ao mundo das compras, e amósase coma un todo formado por varias partes, que representarían as distintas ACIAS da Mariña; ademáis o movemento envolvente que xenera a bolsa reflicte o proceso de evolución constante ao que se ve sometido o comercio para satisfacer as esixencias do cliente de hoxendía. Escóllese a cor azul por ser A Mariña unha comarca que vive cara o mar. E óptase polas siglas para non facer unha marca excesivamente longa e desproporcionada. Así mesmo, preséntanse en azul as letras “AM” como iniciais da comarca”, segundo explicaba o gañador, Diego Rivas Peña.
O premio serán 300 euros en vales de compra para gastar en calquera comercio asociado ás ACIAS que forman a Federación que son Ribadeo, Foz, Lourenzá, Burela, Xove, Viveiro e O Vicedo.
Dende a Federación de Comerciantes da Mariña queren dar a noraboa ao gañador e as grazas a todos aqueles que participaron e se esforzaron en enviar uns traballos de tan boa calidade.