Site icon Crónica3.com A Mariña

EFEGA Formación anota unha vitoria ante o segundo clasificado da Terceira Nacional

O EFEGA FORMACIÓN/S.D. Ribadeo deu a sorpresa da xornada e venceu a domicilio ao segundo clasificado dea categoría, o CTM Lalín por un axustado 3-4.

O encontro empezou con dous partidos gañados polo equipo ribadense (Raúl e Diego). O equipo local igualou o marcador a dous. O quinto partido anotouno Diego con autoridade adiantando ao EFEGA, 2-3. O seguinte partido puido decidir o encontro a favor do equipo mariñán pero Raúl non puido anotarse o punto nun axustado partido que se decidiu pola mínima. Así pois, co marcador empatado a tres partidos, o encontro decidiuse no sétimo e definitivo partido no que Javier se impuxo por un axustado 2-3.

Partido emocionante que esta vez caeu do lado do EFEGA FORMACIÓN/S.D. RIBADEO que, ata este encontro, tivera mala sorte en encontros igualados sufrindo varias derrotas pola mínima diferenza.

Ogallá este sexa o punto de partida dunha racha positiva que faga posible a permanencia do equipo ribadense na 3ª División Nacional que, con outra vitoria, podería saír dos postos de descenso.

Tenis de mesa 3º Nacional – Xornada 9ª
14/12/2013, 17:00 horas CTM Lalín – EFEGA FORMACIÓN/S.D. Ribadeo

Xogador A: Raúl Barcia; Xogador B: Diego Pérez; Xogador C: Javier de Burgos
Dobres: Raúl Barcia e Javier de Burgos
Resultados: 1-3, 2-3, 3-0, dobres 3-0, 1-3, 3-2, 2-3.
Resultado definitivo 3-4

Exit mobile version