Dentro das próximas actividades deste denso programa municipal, temos:
Este martes 24 de decembro, ás 16:30 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico: videoproxección da película francesa de debuxos “EL ILUSIONISTA”, para tódolos públicos, en especial nenos/as e rapaces/as.
O mércores 25, Día de Nadal, imos ter no Pavillón Municipal de Deportes, a partires das 18:00 horas, o Espectáculo Infantil de Animación “A BAILAR”. Remataremos esta actividade no Pavillón cunha CHOCOLATADA.
O xoves 26 é o día da música, xa que imos ter o CONCERTO DE NADAL DA ORQUESTRA CLÁSICA DE XOVE, cun amplo Programa onde inservirán os alumnos/as da Escola Municipal de Música de Xove. Este Concerto vai desenvolverse no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 19:00 horas.
Tódalas actividades contidas neste programa son de carácter libre e gratuito, polo que invitamos a todos, de Xove ou visitantes no noso Concello, a participar e disfrutar das moitas actividades programadas.