Site icon Crónica3.com A Mariña

En xaneiro, nova edición do Campañazo de Foz que repartirá 3.000 euros en vales de compra durante todo o mes

Foz, 27 de decembro de 2013. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz repartirá 4.000 euros durante o vindeiro mes de xaneiro de 2014. Será entre o Sorteo Especial de Nadal e o Campañazo.

O 3 de xaneiro terá lugar un sorteo de 1.000 euros en vales de compra entre todas as persoas que están a realizar as súas compras de Nadal nos locais asociados que participan nesta campaña e que xa levan días repartindo as papeletas que lles darán a opción de poder levar o premio. O sorteo realizarase en Radio Foz a partires das 23 horas. Son: Casa Moreda Muebles, Cenor Belianorte, Centro Dietético Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Darlintonia, Electricidad Núñez, Infotec, Estación de Servicio de Foz, Farmacia Fátima Saa Quintás, Ferretería Fuente, Galerías Ginzo, Ginzo Hombre-Mujer, Kaos, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, María Docampo, Ofifoz, Parafarmacia, PI-R Hombre, Saint-Tropez, Suministros Veipa e Viajes Rodríguez.

E tamén o 3 de xaneiro da comezo unha nova edición do Campañazo, que repartirá 3.000 euros en vales de compra nos sorteos que se celebrarán os venres 3, 10, 17, 24 e 31. Cada venres poranse en xogo 300 euros en vales para a persoa que cante o Campañazo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados.

Os locais hostaleiros que participarán no Campañazo son: A Eskina, A Maseira, A Rula, bar A Bolera, bar Acuario, bar O Muelle, bar Oiche, café-bar Llas, cafetería Dallas, cafetería Express, cafetería May-Ros, cafetería Xoyma, cervexería Fina, cervexería Portovello, Fraggle Rock, mesón O Tangarte, Namarinos, Náutico Centro Social, O Chícaro, O Tangarte Mariñeiro, pizzería A Soalta, Pizzería Xoiña, restaurante Costumes do Mar, restaurante Dandy y restaurante O Mar.

E os establecementos comerciais que se darán cita nesta nova edición do Campañazo son: Alain Afflelou, Belianorte, Calzados Pirde, Carnicerías Mercedes, Casa Moreda, centro dietética Alba Vila, Construcciones José Saa, Cortenovo Peluqueros, Darlintonia, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Estación de Servicio, Estanco nº 2, Farmacia Saa Quintas, Farmacia Ulloa, Ferretería Fuente, Floristería Gardenia, Gestoría Fernández, Ginzo Hombre-Mujer, Joyería Iria Rodríguez, La Flor Abulense, Lencería Esther, Lola Tatino, Mapfre, María Docampo, Ofifoz, Óptica Eliseo, Parfarmacia, Pastelería Amarena, Pastelería Anduriña, Peluquería Ramone, Pescados Os Coyotes, PIR, Suministros Veipa e Viajes Rodríguez.

Por outra banda, o comercio focense abrirá as súas portas para facilitarlles as compras aos seus clientes os domingos 29 de decembro e tamén o 5 de xaneiro.

Exit mobile version