Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa de Nadal do Taller de memoria de Lourenzá

191213 FOTO FESTA DE NADAL TALLER DE MEMORIA LOURENZÁOs alumnos do taller de memoria do Concello de Lourenzá participaron nunha festa de Nadal, na que houbo regalos, chocolatada e panxoliñas. No festexo os asistentes repartiron regalos entre eles co sistema do amigo invisible, tomaron chocolatada con roscón, brindaron cunha copa de sidra e cantaron panxoliñas. Nos actos participaron a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e a concelleira de Educación, Cultura e Turismo, Lupe Flórez Seivane. A rexedora municipal comentou que “un ano máis foi un pracer poder pasar unha tarde cos maiores do taller de memoria, que coa súa boa harmonía e complicidade fixeron que o tempo voara e soubera a pouco”. Tamén salientou que “foi unha tarde moi emotiva, posto que todos os que asistimos participamos con agasallos no amigo invisible e os paquetiños tiñan dedicatorias que fixeron inclusive saltar algunha bágoa.”

Exit mobile version