Site icon Crónica3.com A Mariña

Formación para mulleres na Aula CeMIT de Barreiros a vindeira semana

Barreiros, 10 de decembro de 2013. A Aula CeMIT de Barreiros acollerá un curso de formación dirixido a mulleres para mellorar a súa capacitación tecnolóxica á hora de buscar emprego. Está organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e o Concello.

O curso desenvolverase a vindeira semana, a partires do luns 16 de decembro, en horario de 17 a 21 horas na Aula CeMIT.

O prazo de inscrición está aberto ata este venres, 13 de decembro, de tres da tarde a nove da noite la Aula CeMIT de Barreiros ou no teléfono que se facilitará no departamento de Servizos Sociais do Concello.

Exit mobile version