Site icon Crónica3.com A Mariña

Función para todos os públicos en Ribadeo

MIGALLAS TEATRO pon en escena para todos os públicos O LIBRO MÁXICO, con Carlos Yus e María Campos como protagonistas, o domingo 22 ás 17.30 horas no auditorio municipal Hernán Naval por un prezo de 2,5 euros. Sinopse: Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa mentres os pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes decide investigar nun baúl onde o pai gardou moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois está pintando a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas empezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.

Exit mobile version