Site icon Crónica3.com A Mariña

Fundación Alcoa patrocina a recuperación do monte atlántico nos montes de Cervo

Alcoa San Cibrao, o Concello de Cervo e a organización Ardilla Connecting Life poñen en marcha a reforestación con 17.000 árbores autóctonas do monte Escarabelada e outros montes de titularidade municipal. A plantación, patrocinada con 39.000 dólares de Fundación Alcoa, comeza este xoves coa participación de Voluntarios de Alcoa San Cibrao e veciños de Cervo.

Esta iniciativa, impulsada por Alcoa, ten como obxectivo continuar co proxecto medioambiental que o concello de Cervo ven realizando dende fai anos para a recuperación do bosque atlántico mediante a plantación de árbores autóctonas, coma o bidueiro, castiñeiro, carballo e acevo. A reforestación permitirá ademais mellorar un espazo público que forma parte do conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, como é o caso do Monte Escarabelada, para disfrute dos veciños.

Nas labores participan o Taller de Medio Ambiente do Concello de Cervo, o Grupo de Emerxencias e persoal da Brigada de Obras municipal, así coma a Asociación de Montes Comunais Bidueiras e, como é habitual, voluntarios de Alcoa.

Este proxecto forma parte dunha selección de proxectos patrocinados pola Fundación Alcoa en distintas partes do mundo e en diversos ecosistemas para plantar máis de 175.000 árbores, como parte do compromiso da Fundación Alcoa para plantar 10 millóns de árbores ata 2020. Estímase que estas árbores teñen capacidade para absorber 250.000 toneladas de dióxido de carbono ó ao ó longo da súa vida. Os proxectos de reforestación coma o de Cervo cumpren tamén cunha variedade de obxectivos críticos, coma a restauración do hábitat de vida silvestre, o incremento do almacenamento de carbono a través dos bosques para combater o cambio climático e o uso das árbores para a purificación da auga e o aire.

Estes obxetivos son compartidos pola organización que xestiona o proyecto en España, Ardilla Connecting Life, que se propuxo conectar os bosques de España e Europa a través dunha rede de corredores verdes, loitando contra a deforestación, a desertización e a perda de biodiversidade que provoca o cambio climático. Ardilla desenvólvese no marco de ‘Plantemos para el Planeta’, entidade sen ánimo de lucro, cuxa misión é a captación de financiamento para a restauración de espazos naturais mediante a colaboración público-privada entre administracións públicas e empresas responsables. En España desenvolveron a campaña do mesmo nomb, organizada polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, fomentando a plantación de máis de 47 millóns de árbores.

Exit mobile version