Site icon Crónica3.com A Mariña

Galiza Nova desenvolve en Lugo as súas xornadas de inverno sobre a Historia de Galiza

Lugo, 20 de decembro de 2013. A formación xuvenil nacionalista, Galiza Nova, desenvolve desde este venres en Lugo as súas Xornadas de Inverno sobre a Historia de Galiza, nas que arredor de 50 mozos e mozas pasarán na fin de semana por diferentes puntos da provincia para ir coñecendo lugares que tiveron importancia en diferentes fases históricas da nosa nación.

As xornadas comezaron esta mesma tarde coa visita á exposición “Galiza nun Tempo de Seu” no Museo de Lugo, onde os mozos e mozas estiveron acompañados polo deputado lucense do BNG no Parlamento Galego, Cosme Pombo, xunto á responsábel comarcal do BNG, Esther López, e á concelleira de Lugo e histórica fundadora de Galiza Nova, formación que precisamente cumpre 25 anos, Paz Abraira.

PROGRAMA COMPLETO
19:30h Visita guiada á exposición “Galiza nun tempo de seu” . Museo de Lugo.
21:30h Cea
22:30h “Noite en feminino” Concertos e entrega de premios do concurso de relatos feministas. Lugar: Pub O Tren.

SÁBADO
10:30h Visita ao proxecto de desenvolvemento rural “Vida de Aldea” (Outeiro de Rei) e proxección do documental “A Terra sabe a loita” ca ponencia de Emilio López Pérez “Milucho”.
12:30h. Visita guiada á Casa-museo Manuel María (Outeiro de Rei)

14:30h. Xantar

16:30h. Roteiro ”Coñecer o pasado para construír o futuro” casco vello de Sarria e acto reivindicativo na Torre da Fortaleza. A cargo de Carola Casal (Asoc. para a defensa do románico galego “O sorriso de Daniel”)
18:30h Proxección do documental Asolagados, Afonso Eiré (Guionista) e David Vázquez (director) (Portomarín)
21:30h Cea.
23:00h Festa “25 anos pola #soberaníagz” con: Alberto Busto (Lugo), Galyrion (Lugo) e Skholma (Ribadeo) Proposta teatral a cargo da compañía Palimoco Teatro (Lugo) Lugar: Pub O Tren

DOMINGO
12:00h Visita guiada ao museo ubicado na Fortaleza de San Paio de Narla (Friol)
14:00h. Xantar.

Exit mobile version