Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia espera abonar as subvencións de 2014 ás asociacións no primeiro semestre do ano

Burela, 23 de decembro de 2014. O alcalde burelés, José María González Barcia, reuniuse este luns no salón de plenos da Casa do Concello con representantes dos colectivos e asociacións que recibirán subvencións municipais en 2014. Un total de corenta e catro colectivos serán beneficiarios das axudas concedidas polo Concello de Burela con cargo ós presupostos municipais do vindeiro ano. A partida ascende a 123.000 euros, vinte millóns e medio das antigas pesetas.

González Barcia, que manifestou que “dous de cada cen euros do presuposto municipal serán destinados a axudarlle ós colectivos no seu funcionamento e a fomentar o asociacionismo”. Diante dos representantes das asociacións dixo “Burela ten unha débeda coas asociacións, xa que durante cinco anos non houbo ningún tipo de axuda municipal para o seu funcionamento. Foi difícil recuperalas en 2013, pero conseguímolo, e si se logrou foi en base a un principio de prudencia. E non é doado mantelas e mesmo incrementalas para 2014, pero o meu compromiso e o do goberno municipal era e é colaborar coas asociacións e estamos a demostralo”.

O rexedor burelés márcase un reto: “vamos tentar facer efectivas a maioría das subvencións nos primeiros seis meses de 2014, para precisamente facilitar o funcionamento dos colectivos, xa que abonar as subvencións a finais de ano non sería moi operativo. Aínda que adianto que poden darse casos de non poder abonalas hasta ben entrado o ano”.

Durante a reunión, José Mª González Barcia indicou que “a formalización das subvencións, que serán de carácter nominativo, será a través dun convenio de colaboración, no que se estipularán as condicións para poder percibir a achega municipal. Ademais, afirmou que se facilitarán modelos de determinados documentos que teñen que aportar as asociacións, para facilitar o traballo de xustificación”.

Finalmente, o alcalde de Burela non descartou que se abra en 2014 unha convocatoria de subvencións a través do sistema de libre concorrencia. “Todo dependerá de como manexemos o presuposto municipal, pero arrancamos 2014 con esa idea”, asegurou González Barcia.

Exit mobile version