Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración de ‘P-Arte luz’ no Valadouro

parteluz 14-12-13A instalación artística P-Arte luz foi inaugurada o sábado na Casa da Cultura de Ferreira polo responsábel municipal de Cultura, Marco Uría que tamén presentou aos artífices do proxecto: Carlos Cornide “Belga”, Ana Kala e Lionel Rexes. Os artistas explicaron que a instalación pretende empregar a luz como pretexto para chegar á arte, ou cando menos artellar unha mestura de diferentes disciplinas que os artelladores cultivan, fotografía, vídeo, narrativa, plástica, deseño… para convidar a unha reflexión crítica, filosófica, social ou mesmo antropolóxica. Concluíron afirmando que P-Arte luz é unha proposta que realmente é o que o visitante desexe que sexa, xa que está aberta a múltiples interpretacións. Poderase visitar até o 4 de xaneiro na Casa da Cultura “Manuel Lourenzo”, do Valadouro.

Exit mobile version