Site icon Crónica3.com A Mariña

Inmerecida derrota do Burela FS B ante o Ribeira FS

O Burela FS Pescados Rubén B sufriu unha inmerecida derrota o sábado na Fonsagrada ante o Ribeira FS (7-2). O desacerto na finalización laranxa e grande efectividade dos locais condenou os de Iván Cao, Lucas, que marcharon ao descanso con 5-1 desfavorable.

Keko reaccionou enseguida ao temperán tanto de Ismael, que xa puxo por diante o Ribeira FS no primeiro minuto de xogo. No entanto, a sorte estaba do lado fonsagradino, que tivo cento por cento de eficacia nas súas ocasións. Lobeiras (minuto 7, 13), Donino (minuto 10) e Javi (minuto 19) ampliaron as distancias ata o 5-1.

No segundo tempo, o Burela FS B buscou a remontada; Carlos subiu o 5-2, xa no 22, pero as filas locais volveron atopar ocos para poñer terra por medio con tantos de Ismael (27) e Donino (31).

O próximo encontro dos mariñáns será o sábado 14, na casa, fronte ao ADFS Bueu.


Ficha técnica

Ribeira FS: Daniel, Sebastián, César, Ismael e Lobeira, cinco inicial; tamén xogaron Donino, Jairo, Hugo, Enrique, Javier e Silbán

Burela FS Pescados Rubén B: Brais, Manuel, Alemán, Antón Couto e Keko, cinco inicial; tamén xogaron Javi, Xoel, Antón González, Aitor, Carlos, Bruno de Nois e Hélder

Goles. 1-0, minuto 1, Ismael; 1-1, minuto 2, Keko; 2-1, minuto 7, Lobeiras; 3-1, minuto 10, Donino; 4-1, minuto 13, Lobeiras; 5-1, minuto 19, Javi; 5-2, minuto 22, Carlos; 6-2, minuto 27, Ismael; 7-2, minuto 31, Donino

Árbitros: Naray Álvarez//Rivas Fouz

Tarxetas: Por Ribeira amarela a Donino e Jairo. Por Burela FS amarela a Bruno e Antón González e dobre amarela a Manu Jiménez.

Exit mobile version