Site icon Crónica3.com A Mariña

Luis Pirucha gaña o galo do VII Aberto de Ribadeo

O domingo 15 decembro celebrouse no campo de fútbol da Faxarda o Aberto do Galo na súa VII edicción, correspondente a 5ª xornada da liga regular de billarda da Conferencia NorLeste.

A soleada tarde que nos acolleu ao comezo da xornada billardeira, paseniño foi trocando ata sinalar moito frío.

De novo afluencia masiva de palanadores en pos do galo, en total sesenta e seis, todos eles cas miras postas en gañar e levar o galo para a súa mesa de Nadal, pero vese que ao galo non lle cortaron as ás e voou cara a Adina (San Xenxo). Foi o Luis, máis coñecido por Pirucha, quen se fixo co preciado trofeo, confirmando o fenomenal momento deportivo que atravesa.

De ter xogado en pavillón ou cemento, de feito se houbera rematado moito antes, pero ao xogar en herba a competición ralentizase. Houbo que habilitar 3 pistas simultáneas para axilizar a competición, ainda así foi necesario axudarse dos focos do campo para rematala xornada en condicións aceptables. Só se votou en falta un pouco máis de decisión da xente en colaborar á hora de arbitrar as carreiras, calquera pode e debe facelo, é unha parte máis do xogo e non podemos cargar todo o peso sempre nas mesmas catro ou cinco persoas, ao tempo arbitrar una carreira fai que vexamos o xogo dende outra perspectiva e que vivamos máis de perto a competición. E logo, a sensación de sermos todos útiles a un proxecto común é una gozada! Quén ainda non o fixo, ten que probalo.

As cinco carreiras xogadas deixaron sensacións moi variadas nos palanadores segundo lles fóra nelas, así algúns dos favoritos, nas primeiras de cambio xa se viron fóra da loita sorprendidos por un rival máis acertado ou por unha trastada do blando e irregular terreo de xogo que fixo alguna das súas.

Tres foron os palanadores que acadaron o pleno de carreiras gañañdas: Luis do equipo Gharabotos, Regueiro de Troitas Bravas e Xermán de Ekipa-Bítere. O bailarín da Pastoriza tivo que ausentarse sin disputala final e ficou no terceiro posto.

Final a tres carreiras entre un histórico que rexurde, Xermán, e o palanador errante do Salnés Luis Pirucha, que busca bater tódolas marcas habidas e por haber na billarda.

Primeira carreira para o Gharaboto, segunda empatada e terceira tamén empatada. Gañador do aberto Luis, segundo Xermán e terceiro Regueiro.

Por equipos de novo os Billardeiros Musicais gañan a xornada e amplian ventaxe ao fronte da clasificación.

Os varados estiveron caros nesta xornada e como se supoñía non houbo ninguén que traspasara o varal dun só golpe.

As clasificacións quedan así:
Individual: Richar 43 p., Regueiro 41 p., Charli, Daniel e Muriego 39p.

Equipos: Billardeiros Musicais 173 p., Carabujllos de Teixo 143 p. e Troitas Bravas 140 p.

Varados non cambia: Regueiro 4, Santi 3, Charli, Daniel, Miguel Moran e Muriego 2 varados.

A 6ª xornada será en Pacios-Castro de Riberas de Lea o 11 de xaneiro do vindeiro 2014.

Exit mobile version