Galicia conta cun importante patrimonio arqueolóxico, así como un gran patrimonio de tradición oral, lendas e relatos míticos. Estes dous elementos están estritamente relacionados; non hai castros, mámoas ou petroglifos que non conten coa súa respectiva lenda de mouros, serpes, tesouros ou encantos.
Esta relación obsérvase nas Pisadas do Encanto das Anzas, onde un vestixio arqueolóxico se xunta con marabillosas lendas e contos de encantos.
Mariña Patrimonio, a A.C. Francisco Lanza e a Asociación Alesancia das Anzas invitan a asistir a esta visita e posterior conferencia impartida polo mindoniense Antonio Reigosa.
A visita guiada sairá ás 16h30 do aparcadoiro municipal de Ribadeo. Despois, ás 20h00, terá lugar a conferencia na Casa das Letras de Ribadeo.