Site icon Crónica3.com A Mariña

Martínez destaca que “o PP organiza unha manifestación en contra da creación de emprego en 24 Concellos lucenses marxinados pola Xunta”

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que “o Partido Popular organiza unha concentración en contra do emprego, unha concentración en contra de 1 dos máis de 10 plans de emprego que ten a Deputación por toda a provincia e para todos os Concellos, en contra do plan de emprego para municipios de menos de 5.000 habitantes -os de menores recursos- que nunca se beneficiaron dun obradoiro ou escolar taller da Xunta de Galicia dende 2009. É dicir, o Partido Popular organiza unha manifestación en contra da creación de emprego nos Concellos de Cervantes, Quiroga, A Pontenova, Samos, Navia de Suarna, Becerreá, A Fonsagrada, Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Negueira de Muñiz, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Baleira, Ribeira de Piquín, Bóveda, Meira, Riotorto, Castroverde, Guntín, A Pastoriza, Trabada, Paradela, O Páramo e Pol. Os 24 municipios de menos de 5.000 habitantes marxinados pola Xunta do Partido Popular dende que chegou Feijóo”.

“Só militantes do Partido Popular estarán nesta vergonzosa concentración en contra da creación de emprego en 24 Concellos marxinados polo propio PP. De feito, moitos Alcaldes, Concelleiros e militantes do Partido Popular están sendo presionados para vir a esta concentración en contra do emprego”.

“Ó señor Barreiro debería caerlle a cara de vergoña. El, que traballa preto de Rajoy, e que de vez en cando vén facer turismo á provincia de Lugo, imaxino que tamén para falar con Feijóo, tería que esixir ós Presidentes do Goberno Central e da Xunta de Galicia, as administracións con competencias en emprego, que deixen de marxinar e recortar os fondos para o emprego”.

“A Deputación de Lugo vai a seguir poñendo en marcha novos plans de emprego na provincia no 2014, plans de emprego para todos os lucenses. Para iso, temos preto de 13 millóns de euros consignados no Orzamento para o vindeiro ano”.

Cartos públicos en propaganda e soldos
Martínez trasladou unha mensaxe ós cidadáns e salientou que “cada vez que vexan ó Partido Popular vetando 1 dos 10 plans de emprego da Deputación, saiban que o PP está gastando cartos públicos, cartos de todos os cidadáns, en actos propagandísticos co único fin de sacar rédito político, non por defender os intereses dos cidadáns. O Partido Popular está a despilfarrar cartos de todos os lucenses en folletos que buzonean por toda a provincia, en publireportaxes, cuñas, convocando Plenos Extraordinarios, ou desprazando a Alcaldes e Concelleiros populares ata o Parlamento ou á Deputación, co único fin de cobrar dietas e quilometraxes, gañando un sobresoldo a consta do plan de emprego da Deputación”.

“O Partido Popular prefire gastar os cartos dos cidadáns en actos difamatorios que en emprego. Mostra disto, saiban que a Xunta de Galicia do Partido Popular achegou 4 millóns de euros para o emprego en Lugo, é dicir, tres veces menos que esta Deputación que, cun orzamento máis de 100 veces inferior, inviste preto de 13 millóns de euros”, salientou.

“O Partido Popular prefire gastar os cartos de todos os cidadáns aumentando os seus propios soldos. Véxase o caso da Deputación da Coruña, dirixida polo Partido Popular, que aumentou o soldo a 25 altos cargos, 10 deles de nova creación, cubertos con amigos que trouxeron da Xunta”.

“En propaganda e nos seus propios soldos, nisto gasta o PP os cartos dos cidadáns. Vergoña lles tiña que dar”.

Uns en Lugo e outros en Santiago
“Nunca o Partido Popular se mobilizou deste xeito para defender os intereses dos cidadáns, só o fan por intereses partidistas. Nunca se mobilizaron para opoñerse ós continuos recortes en sanidade, educación….. Tampouco o fixeron para negarse á suba de impostos ós cidadáns, como o canon da auga ou o incremento nun 34% do recibo pola recollida de lixo. De feito, mentres mañá o Partido Popular estarán manifestándose en contra da creación de emprego en 24 Concellos lugueses, os Alcaldes da oposición estaremos reunidos en Santiago, buscando solucións ó incremento das taxas de Sogama. Isto si repercuten nos cidadáns, isto si é defender os seus intereses”.

Martínez insistiu “dense conta, o Partido Popular está a gastar os cartos dos lucenses en campañas propagandísticas, non en emprego, co único fin de sacar rédito político, non por defender os intereses dos cidadáns”.

Exit mobile version