Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente elimina unha vertedura de augas residuais que afectaba ao río Covo no concello de Cervo

Santiago, 7 decembro de 2013.- Técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV) e persoal de Gardería Fluvial de Augas de Galicia constataron a eliminación dun vertido de augas residuais procedente dunha instalación industrial localizada na zona de Lieiro, no Concello de Cervo.

O vertido producíase á canle pública e afectaba ao río Covo, tras discorrer a través da gabia da estrada. O persoal inspector dependente de Augas de Galicia, identificou o punto de vertido, que non contaba con resolución de autorización para vertido a dominio público, nin un sistema de depuración axeitado.

Asemade, nunha posterior visita, constatáronse, mediante análise dunha mostra do vertido, aportes contaminantes neste punto, polo que se requiriu ao titular a eliminación deste vertido de augas residuais non autorizado.

Recentemente, os técnicos de Augas de Galicia xiraron nova inspección na instalación, constatando a eliminación do vertido e conexión das augas residuais xeradas na zona cara a un sistema de depuración.

Exit mobile version