O restaurante A Dorada do Cantábrico, de Ribadeo, ofrece un menú especial con cinco pratos para a cea de fin de ano a un prezo de 60 euros por persoa. O propietario e cociñeiro do restaurante A Dorada do Cantábrico, Miguel González, preparou un menú composto de xamón ibérico de bellota reserva, lagostinos á prancha, medallóns de rape en salsa con ameixas e vieiras, solombo de tenreira con verduras e, de sobremesa, tarta de turrón e delicias de Nadal. Ademais, inclúe viños branco Albariño e tinto Rioja reserva, cava, café, licores, cotillón e uvas da sorte. As reservas poden realizarse no propio restaurante, na rúa Virgen del Camino, ou chamando ao teléfono 982 129 608 antes do venres 27. A Dorada do Cantábrico prepara tamén unha ampla variedade de pratos para levar á casa nestas festas de Nadal previo encargo.