Site icon Crónica3.com A Mariña

Mercado de Nadal das Asociación de Burela

Esta fin de semana, 14 e 15 de decembro, terá lugar o 4º Rastrillo de Nadal de Asociacións, no Edificio de Asociacións de Burela (antigo Mercado de Abastos), dende as 12 da mañá e ata as 8 da tarde. O mercado, en edicións anteriores, logrou reunir a un bo número de asociacións socioculturais de Burela co obxectivo de dar a coñecer as súas actividades e obter fondos para levalas a cabo, ademais doutros fins solidarios. Así, poranse á venda obxectos artesanais, de reciclaxe, de segunda man ou procedentes de doazóns solidarias. Tamén haberá actuacións musicais e obradoiros e poderanse degustar pratos, doces e bebidas quentes, reflexando a multiculturalidade dun evento no que as diversas asociacións e nacionalidades de Burela -galegos, caboverdianos e peruanos- se reúnen para celebrar a inminente chegada do Nadal.

Exit mobile version