Site icon Crónica3.com A Mariña

NN.XX. de Mondoñedo organiza durante este Nadal unha campaña solidaria de recollida de alimentos e xoguetes

nnxx-campanaxoguetesMondoñedo, 04 de decembro de 2013.- Novas Xeracións de Mondoñedo presentou este mércores a campaña solidaria que botará a andar durante este Nadal baixo o lema de “Axúdanos a repartir sorrisos”.

O presidente da formación local, Alberto García, informou que a actividade consistirá, por unha banda, na recollida de xoguetes “para que todos os nenos e nenas do noso municipio conten con regalos nestas datas sinaladas” e, por outra banda, nunha recolecta de alimentos non perecedoiros, “que serva de axuda ás familias que están a ser máis afectadas pola crise que vivimos”.

Os integrantes da agrupación política xuvenil vinculada aos populares piden a colaboración de todos os veciños para “arrancar o maior número de sorrisos posibles e amosar así a gran solidariedade que ao longo da historia caracterizou a Mondoñedo”, asegurou Alberto García.

Entrega a Servizos Sociais do municipio
Á todos os que teñan interese en participar, os mozos populares informan que estarán recollendo na sede do Partido Popular de Mondoñedo (Rúa da Fonte, número 44, ao lado de Supermercados Claudio) as doazóns o sábado e domingo días 21 e 22 de 11:00 a 14:00 horas; e luns día 23, polo tarde, en horario de 17:00 a 21:00 horas.

Os xoguetes e alimentos non perecedoiros reunidos entregaranse a Servizos Socias do Concello, que se encargará de distribuílos ás familias máis desfavorecidas do municipio.

A importancia deste tipo de actos
A integrante da formación, Bea Meilán, tamén presente do acto no que se deu a coñecer esta campaña resaltou a importancia deste tipo de actos solidarios, e poñendo así énfase na “necesidade de facer actividades de carácter social, e non só meramente políticas”.

A popular lembrou que en Novas Xeracións, dende que comezou a funcionar, xa hai máis de tres anos e medio, “véñense diversificando os actos que organiza, como foi o caso do acto cultural de escritores mindonienses ou a mesa para o fomento do turismo local”.

Exit mobile version