Unha nova óptica social é a que nos debe levar a traballar en todas e cada unha das agrupacións, en todos e cada un dos concellos, berces da nosa sociedade, para sermos unha realidade de goberno de cara as eleccións municipais. Asimesmo, certo é que é o momento de que novas caras contaxien a súa ilusión ó pobo e que xuntos, da man, a xente con máis experiencia e con xuventude e ilusión, protagonicen un novo concepto do socialismo.
Na Mariña, na que teño a fortuna de estar a miúdo e onde disfruto cos compañeiros e compañeiras de partido, hai potencial, xuventude, ilusión e compromiso, como a que irradia a coordinadora comarcal Mayra García, para pilotar a nave dun bo número de concellos, á vez que reivindicar o propio, como o texido económico ou os servizos básicos, en ámbitos fundamentais como a educación ou a sanidade. Desta forma, é o momento de darmos como colectivo un paso adiante e de estar en todos e cada un dos lugares que os nosos veciños, demandan.
Finalmente, acordarme do bo compañeiro e amigo Melchor Roel, un símbolo para todos aqueles socialistas e cidadáns de a pé, que defendemos uns ideais e loitamos con gañas e con ilusión por cambiar a nosa sociedade. Melchor, ti eres un referente de loita e constancia, para defender os intereses dos teus e con esa enerxía imos a traballar, para sermos un referente de cambio social. DEP.
Jesús Vázquez Tallón.
Coordinador provincial Xuventudes Socialistas.