Na inauguración, ademais da abrir de forma oficial a semana, os asistentes percorreron os diferentes postos instalados para a ocasión, todos eles centrados en equipos, material, protocolos e rutinas de prevención de riscos laborais. Ademais, tiveron a oportunidade de presenciar un simulacro de incendio e a resposta dun equipo de emerxencias.
A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso asegura que “desde el Concello colaboramos con esta semana porque consideramos muy importante contribuir al fomento de la cultura de la salud y la seguridad en el trabajo, vital para prevenir incidentes”. Alonso destacou tamén a variedade de público ao que se dirixe esta iniciativa, xa que dependendo da actividade están convidados a participar persoal docente, do Concello, alumnado de ciclos de FP e dos centros educativos así como público en xeral “para concienciar a los diversos colectivos sobre la importancia de seguir unas rutinas de prevención, especialmente en el caso de los escolares, ya que hay que trabajar con ellos desde edades tempranas”.
Destaca tamén dentro desta semana a plantación de 17.000 árbores autóctonas que comezará o próximo xoves no monte público Escarabelada. Así dáse continuidade ao proxecto de recuperación da masa forestal iniciado hai uns anos, pero nesta ocasión a plantación destes milleiros de pés é posible grazas á Fundación Alcoa a través do Programa Ardilla, que achega as árbores e tamén persoal, ao que se sumarán traballadores municipais.