Segundo o BNG, abonda repasar o que se fixa no Art.68 e no Art.69 da Lei 9/2002 para concluír que o que se establece no articulado do PXOM choca de fronte coa lexislación de aplicación ata o punto de que non existe unha memoria económica que nos indique canto vai ser o custo das xestión do Plan Especial ao mesmo tempo que non recolle o que ditamina o apartado 3 do art.6 8 da Lei 9/2002 xa que por ningures aparecen as determinacións necesarias para o desenvolvemento do Planeamento correspondente. “Agora ben, non é de recibo que se fixen unhas limitacións a edificabilidade nestas áreas da magnitude que se establecen cando mesmo nas áreas colindantes ou dentro do ámbito do Plan especial pero excluídos do mesmo aparecen edificacións que sobrepasan os estándares e a edificabilidade” indicou Basanta que considerou que “as solucións que se propoñen para a Praza e o Campo e a área do porto de Nois de auténtico escándalo”.
Para o seu Portavoz Municipal, Xan Carlos González Basanta “no caso do Plano especial da Praza e do Campo (PE-2) fixase unha edificabilidade máxima de 0,50 m2, é dicir, que nunha parcela de 200 metros poderás construír unha vivenda de 100 m2 de edificabilidade, fixando unha altura máxima de B+2, o que significa de facto unha hipoteca para o desenvolvemento urbanístico da zona. Sen embargo, no ámbito do PE-2 atopámonos graves agravios comparativos, como por exemplo a que se da no terreo onde se atopaba a antiga sede do PP que é excluído do ámbito de protección que fixa o Plan Especial. Tamén é rechamante que en algunhas outras rúas se exclúan predios e vivendas sen xustificación ou a situación que se da no Paseo da Ribeira onde é excluído do ámbito do Plan Especial os terreos nos que seu momento se situou un estaleiro. Non deixa de ser curioso que as propiedades que son excluídas do ámbito do Plan Especial, e de xeito moi concreto estas ás que nos estamos a referir, son todas elas propiedade de promotores, mentres os particulares son incluídas na área de protección”. Os nacionalistas defenden a necesidade da retirada do desde Plan Especial fixando unhas normas de protección que permitan garantir a singularidade da zona co seu desenvolvemento urbanístico.
O Portavoz nacionalista tamén se referiu á situación que se crea na zona do porto de Nois “ onde tamén se inclúen ou se exclúen vivendas no PXOM en función do cliente ata o punto de que se articula unha área perimetral da mesma sen máis criterio que librar as edificacións de nova edificación propiedade dos bancos ou das inmobiliarias á par que se inclúen no ámbito do Plan Especial a totalidade das edificacións de toda a vida. Mesmamente non deixa de ser curioso que se determina para as vivendas afectadas polo PE-3 a Ordenanza 3, ordenanza de núcleos tradicionais que fixa unha edificabilidade de 0,60 m2, isto é, que nunha parcela de 100 metros podes levantar unha edificación de 60 m2 non podendo superar as edificacións baixo máis unha planta e un alto de cornixa de 6,50 metros. Outra das cousas máis lesivas para os propietarios de Nois é que a parcela mínima para edificar son de 1.000 metros”. No mesmo sentido que no caso do Plan Especial da Praza e do Campo, o BNG defende a retirada deste Plan Especial, fixando unhas normas de protección que permitan garantir a singularidade da zona co seu desenvolvemento urbanístico. “Non temos dúbida que nun caso e noutro fixase un trato discriminatorio para os veciños que se fundamenta en ter permitido no seu momento as maiores barbaridades urbanísticas para lucros duns poucos e agora preténdese que os particulares nos convertamos nos “paganos” de toda esta desfeita”, rematou afirmando Basanta.
Este mércores, día 11, o BNG dará unha charla en Vilaronte, no local da A.C. O Castro a partir das 20:30 horas.