Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Sociocultural de Barreiros acollerá o 21 unha charla obradoiro sobre ‘A Entrevista de Traballo’

Barreiros, 13 de decembro de 2013. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá o 21 de decembro ás 12 da mañá unha charla obradoiro sobre A entrevista de traballo na que se abordarán cuestións coma os tipos de entrevistas, a preparación previa, a elaboración dun currículo e asuntos relacionados coa busca de emprego.

A charla está organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta e conta coa colaboración do Concello barreirense a través da Concellería de Cultura e Xuventude e a Oficina Municipal de Información Xuvenil.

A inscrición estará aberta ata cubrir prazas. Os interesados poden dirixirse á Oficina de Información Xuvenil. Os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos que asistan a esta cita recibirán certificación oficial da Dirección Xeral de Xuventude. E os maiores de 30 poderán acudir, pero non obterán certificación.

Exit mobile version