Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo de afectados polo decreto de comedores chama á reflexión nunha nova concentración en Cervo

O colectivo de afectad@s polo “decreto de comedores”, queremos manifestar e compartir con tod@s os pais e nais do colexio o que está a acontecer desde a implantación deste decreto.

Este comunicado é algo extenso, mais para poder entender é preciso ter información. É por iso que queremos informar a tod@s os pais e as nais do noso colexio, xa que as alternativas que se están a plantexar afectan a tod@s.

Desde setembro, estamos a manifestarnos, contando co apoio da Federacións de Asociacións de pais e nais da provincia de Lugo, da AMPA do CEIP nº 2 de Cervo, doutras AMPAS da Mariña, e até do mesmo párroco de Cervo.

Manifestámonos porque, tod@s nós somos coñecedores/as da pérdida de dereitos que o decreto 132/2013, de 13 de agosto, supón para moitos escolares, pérdidas que, de ser coñecidas por mais xente, seguro non pasarían desapercibidas.

A redacción deste Real Decreto xustificárona entre outros no art. 80 da LOE, mais en realidade contradí o nel establecido, así pois, no punto 2 deste art. Dice:

“As políticas de educación compensatoria reforzarán a acción do sistema educativo de forma que se eviten desigualdades derivadas de factores sociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou de outra índole”.

Neste decreto, non se evitan as desigualdades Económicas; xa que, aínda que se di que pretende ser “xusto”, ó impor o pago por renda, o certo é que os tramos estipulados son desproporcionados, pasando de 2,5€ a 4,5€ diarios (sen tramo intermedio), e amáis, a partir dunha reda media todos pagarían 4,5€/día, ainda que sexan millonarios seguirían pagando 4,5€.

En canto as desigualdades Xeográficas, non é que as eviten, senón que as agravan, xa que os escolares transportados que até a entrada en vigor deste decreto tiñan dereito a comedor gratuito, ahora non o teñen. Perderon o dereito, e para amortiguar o golpe da pérdida do dereito, ofreceron, a modo de “anestesia” unhas becas de comedor en función da renda. Tod@s sabemos que non é o mesmo un Dereito consolidado que unha “Beca”, que pode ser reducida ou suprimida en calquera momento.

Na Disposicións Xerais do Real Decreto en cuestión di:

“A finalidade primeira perseguida desde sempre pola consellería competente en materia de educación coa xestión do servicio de comedor escolar foi dar resposta á situación de desventaxa social e económica de moitas familias, derivada do tradicional asentamento poboacional en núcleos aislados e diseminados, e foi concebido, polo tanto, como medio de salvar as dificultades de acceso á ensinanza motivadas por dita dispersión xeográfica, razón pola que hasta de agora se concebía unido ó servicio de transporte escolar”.

“Neste sentido, o presente decreto configura o comedor escolar como un recurso educativo de carácter complementario, compensatorio e social…”

Na redacción do decreto recoñécese que o servizo de comedor escolar foi concebido para compensar aos escolares desprazados, e que agora se pretende ampliar a cobertura deste servizo, pero en realidade non é así, xa que non se amplía senón que se sustitúe a sua finalidade. Agora compénsase a desigualdade económica e deixase de compensar a desigualdade xeográfica.

Polo tanto nen se cumpren os principios do art. 80 da LOE, como se di, nen se amplía nengún servizo. Para por un servizo que depende dunha beca, eliminase o dereito compensatorio que segue a estar xustificado.

Diferente sería si se decidise polo tanto “ampliar a oferta do servizo de comedor”, abrindo a posibilidade de acceder gratuitamente (ou en función da renda) a escolares de ámbito urbano, o cal nos parece un ben necesario e até tardío, sin que por iso tivesen que privar ós transportados dun dereito compensatorio existente.

A implantación do decreto supón moitos outros perxuicios, en canto as bases de cálculo, etc, das que agora non podemos dar detalles por non querer extendernos.

Pregunta: ¿Qué pensas que pasaría, si no vindeiro ano deciden baixar o nivel de renda percápita por encima do cal se empeza a pagar o comedor? ¿Podería ser, non?

Resposta: O vindeiro ano pasarían a pagar maís escolares o comedor….. O dereito xa non existe, e as bases das becas varían duns anos a outros.

Pregunga:- ¿Qué pasaría si o vindeiro ano, ou dentro de dous, tamén se implanta o copago no transporte escolar (xa se intentou facer este ano).

Resposta: Un neno transportado terá un gasto de transporte para acudir a escola pública obligatoria, que non terá un neno que resida no núcleo urbano. ¿Dónde estaría entón a intención de eliminar desigualdades derivadas de factores xeográficos?:

Poñamos que se aprobe o copago de transporte ( por exemplo 50€/neno ó mes), poderíase dar o caso de que unha familia con dos fillos, a que lle corresponda:

Comedor; (por renda): 4,5€/día. (4,5 x 2 nenos x 22 días = 198€,
Transporte: (50€/neno ó mes x 2 nenos = 100€ mensuais).
TOTAL: 300€ mensuais. (2.700€/ano)

Ese sería o coste de mandar dous nenos a escola pública e obligatoria para unha familia que non resida a menos de dous km. do colexio

Que non ten escola a 2km do seu domicilio, polo que ten que transportar-se ao centro escolar mais próximo.

Resulta paradóxico que a Xunta de Galicia retire o decreto compensatorio de servizos como o comedor escolar, e que o transporte poda correr a mesma sorte, e que faga unha nova campaña para asentar poboación no rural… “SE QUERES LABRAR O TEU FUTURO PENSA NO RURAL”, a mellor campaña para o rural é dotalo de recursos que garantan a igualdade de oportunidades para os nenos e nenas que nel viven e vivirán no futuro.

Comentado isto, debemos decir que o Concello de Cervo, e persoalmente o alcalde Alfonso Villares, amosouse preocupado pola implantación deste decreto e polas nosas inquedanzas manifestándonos a sua intención de “non deixarnos na estacada”. Tanto é así que tras varias reunións con nós e coa directiva da AMPA, xa nos ofreceu por varias líneas de transporte a medio día para que os país/nais que non opten polo comedor poidan levar os seus fillos/fillas comer á casa. Ofreceu este servizo a todos os nenos/nenas escolarizad@s no colexio de Cervo, residan ou non neste concello.
Desde o colectivo de afectados, aínda que nun principio barallamos esta polibilidade, chegamos á conclusión de que esta alternativa no é viable por diversos motivos, e propuxemos ao Concello valorar a seguinte posibilidade:

Por menos da metade do coste que suporía por as líneas de transporte ofertadas, sería posible sufragar o gasto de comedor de todos os alumnos/as empadroados no concello de Cervo que estudan en centros públicos. Isto suporía para os nenos/as unha importante mellora a todos os niveis e para o Concello un tremendo aforro.

Temos claro que isto non é un enfrentamento, que a perda deste servizo non foi ocasionada polo Concello, senón polo Goberno da Xunta de Galicia, e que a solución que o Concello de Cervo nos aporte, como representante dos vecinos e veciñas, se finalmente teñen en conta as nosas peticións, serve para paliar as consecuencias dun Decreto que xa foi recurrido legalmente e que consideramos inxusto.

DEBES SABER QUE:
1. Nos seguintes comedores ó igual que no Parlamento o menú de adulto (con varios pratos a escoller) está subvencionado, (non será por nivel de renda):
– No comedor da Xunta de Galicia, ten un coste de 4,75€.
– No comedor da Televisión de Galicia, ten un coste de 5€.
2. A Comunidade de Asturias optou por non modificar a lei de comedores, por entendela discriminatoria e pouco apropiada tendo en conta a grande dispersión poboacional desa comunicade. Esta dispersión é moi parecida a da nosa Comunidade.
3. Seguen a recortar nos servizos públicos destinados a poboación, antes, durante e posiblemente despóis da crise, mais quenes deciden e aplican os recortes, pecan de incoherentes, non se aplican a receita, seguen a ter grandes salarios, pensións vitalicias cando deixan o cargo, seguros médicos privados, exencións no pago de IRPF, etc.

Exit mobile version