Site icon Crónica3.com A Mariña

O comercio de Foz abrirá os domingos 22 e 29 de decembro e tamén o 5 de xaneiro para facilitar as compras aos seus clientes

Foz, 20 de decembro de 2013. O comercio de Foz abrirá as súas portas os vindeiros domingos 22 e 29 de decembro e tamén o 5 de xaneiro co obxectivo de facilitarlles as compras á súa clientela. Así o deu a coñecer a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos focense que aproveita a ocasión para desexarlles unhas felices festas aos seus asociados, aos seus clientes e aos medios de comunicación.

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz lembra que repartirá 4.000 euros durante o vindeiro mes de xaneiro de 2014. Será entre o Sorteo Especial de Nadal e o Campañazo.

O 3 de xaneiro terá lugar un sorteo de 1.000 euros en vales de compra entre todas as persoas que están a realizar as súas compras de Nadal nos locais asociados que participan nesta campaña e que estes días están a repartir as papeletas que lles darán a opción de poder levar o premio. Os establecementos son: Casa Moreda Muebles, Cenor Belianorte, Centro Dietético Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Darlintonia, Electricidad Núñez, Infotec, Estación de Servicio de Foz, Farmacia Fátima Saa Quintás, Ferretería Fuente, Galerías Ginzo, Ginzo Hombre-Mujer, Kaos, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, María Docampo, Ofifoz, Parafarmacia, PI-R Hombre, Saint-Tropez, Suministros Veipa e Viajes Rodríguez.

O sorteo realizarase o 3 de xaneiro en Radio Foz a partires das 23 horas.

Exit mobile version