Ledicia recibe 1.500 euros do Concello de Burela; a Coral Polifónica 2.000 euros, Dambara 500 euros; outros 500 lles foron concedidos a Asuembu; Amajazz recibe 300 euros e a asociación de redeiras 400 euros.
Mónica Pedre subliñou “o apoio que tentamos dar desde o Concello, a pesares dos tempos que vivimos, ás asociacións do noso municipio”. O rexedor xa asinou a semana pasada os convenios das subvencións concedidas ás entidades deportivas e ás de carácter social. González Barcia lembrou que “as subvencións correspondentes ós convenios asinados a semana pasada e hoxe son subvencións con cargo ós presupostos do presente ano 2013, e procuraremos abonalas tan pronto como nos sexa posible”. En relación cos presupostos de 2014, o alcalde burelés manifestou que “as subvencións que se concedan concederanse tan pronto os presupostos estean totalmente operativos, e en todo caso no primeiro semestre do ano, para facilitarlle o traballo ós colectivos e entidades que as reciban”.