Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela repara os suxeitacolectores e programa a substitución dos recipientes de orgánicos que se atopen en peor estado

041213 Foto suxeitacontedores BurelaBurela, 4 de decembro de 2013. A concelleira de Medio Ambiente burelesa, Patricia López Eijo, anunciou este mércores que o Concello de Burela comezou a reparación de suxeitacontedores e programa a substitución de contedores de orgánicos.

A empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo, CELTAPRIX, comezou a pintar aqueles suxeitacontedores que o precisan, e posteriormente arranxaranse aqueles que teñen algún deterioro. “Estas labores de mantemento son imprescindibles para manter un servizo con certa calidade, e confiamos poder ter rematadas as mesmas dentro de aproximadamente un mes”, manifestou a edila burelesa.

En relación coa recollida de lixo, López Eijo dixo que “nas vindeiras semanas procederemos a substituír os contedores de residuos orgánicos que se atopen en peor estado, algo que tamén acometerá a empresa concesionaria”.

Finalmente, López Eijo afirmou que o Concello prepara unha nova campaña de información sobre a recollida de lixo e a súa separación: “canto mellor separemos, menos pagaremos pola factura do lixo; para iso, temos que reducir o peso dos contedores de orgánicos, e iso só se consigue facendo unha separación axeitada dos residuos”.

Exit mobile version