Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove entregou as axudas ao estudo deste curso

ENTREGA DE BECAS E AXUDAS AO ESTUDIO (3)Este luns ás 17:00 horas tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Xove a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de servizos sociais Ana Abad, a entrega das axudas ao estudo que o Concello convoca cada curso escolar.

Nesta ocasión concedéronse as seguintes axudas:
-15 axudas para estudos universitarios, cuxa contía ascendeu a 15.910,31 €.
-6 axudas para ciclos formativos de especialidades que non existen na comarca cunha cantidade de 1.772,87 €.
-8 axudas para alumnos con discapacidade cun total de 7.500 €.
-35 axudas para compra de material escolar, cuxa contía ascendeu a 4.2400 €.
-2 para máster, que suman un total de 1.000 €.

En total o Concello invisteu nestas becas e axudas a cantidade total de 30.423,18 €.

Exit mobile version