Site icon Crónica3.com A Mariña

O CSI-F informa que Alcoa está baixando o ritmo de producción ante a escaseza de Bauxita

“ALCOA está baixando o ritmo de produción por estar escaseando a Bauxita, que é a súa materia prima; xa que a nave de almacenamento esta case baleira cando no 2007 se chegou a ter 250.000 Toneladas como seguridade”, segundo apunta o delegado do CSI-F, José Manuel Piñar Quesada. Ademais, engade que “se da a paradoxe que actualmente están fondeados tres barcos con Bauxita que xuntos acumulan más de 180.000 Toneladas, un deles o Golden Oportunity leva un mes en espera de poder descargar”.

“Este feito que vai supoñer enormes costos para a planta é debido a dous problemas: por un lado a falta de previsión xa que levamos case un ano con stock por debaixo do mínimo de seguridade para aforrar custes por inmobilizado, e por outro lado, a saturación do muelle principal de descarga que actualmente é incapaz de manter o ritmo de produción da planta”, critica o CSI-f. Isto meteunos nun calexón sen saída que suporá enormes custes polas demoras dos barcos que moi posiblemente provocaran perdas ao final de ano”, advirte Piñar Quesada.

“Por outro lado a presión sobre os traballadores é enorme polo temor a ter que parar a planta ante a máis mínima avaría que atrase máis aínda a descarga dos barcos. Estanse atrasando reparacións da descargadora, así como das tolvas en espera de mellores momentos, para non agravar máis aínda o problema e incluso puntualmente estase chamando a traballadores de mantemento que se encontran de vacacións para reforzar o plantel e acurtar paradas de máquina”, afirma.

“Os políticos da Mariña deben plantexarse como é posible que en 34 anos aínda non se rematara a prolongación do muelle en ALCOA que permitiría derivar algúns barcos para desconxestionar o muelle principal xa que é o colar de botella que impide a capacidade de expansión da planta de Alúmina. Dita planta que foi deseñada nun principio para 800.000 Toneladas de produción actualmente, está chegando a case o millón e medio, loxicamente require melloras en instalacións que por suposto nun principio corresponde ao Goberno xa que é o propietario do muelle de descarga”, continúa o delegado do CSI-F en Alcoa.

“Se realizamos manifestacións pola Mariña, para pedir un prezo máis competitivo na tarifa eléctrica, é absurdo que agora se leven o diñeiro das ganancias os propietarios dos barcos que durante meses esperan fondeados en espera de poder descargar a mercancía”, considera Piñar Quesada.

Precisamente esta situación foi plantexada polo CSI-F, ao responsable de ALCOA en España (Sr. Camino) na entrevista que concedeu ao Comité de Empresa en días pasados a raíz da súa visita a San Cibrao.

Exit mobile version