Site icon Crónica3.com A Mariña

O enxeñeiro de montes Jesús Sánchex Rocha falou en Lourenzá sobre a situación actual e o futuro do sector forestal

231213 FOTO CHARLA JESÚS SANCHEZ ROCHA EN LOURENZÁLourenzá, 23 de decembro de 2013. Na charla organizada polo Concello de Lourenzá para este mes de decembro, que se celebrou o xoves da semana pasada, o laurentino Jesús Sánchez Rocha, que é enxeñeiro de Montes e profesor de Industrias Forestais na Escola Politécnica Superior de Lugo, falou sobre a situación actual e o futuro do sector forestal.

Jesús Sánchez Rocha explicou que nos últimos anos as cortas de eucalipto na zona norte de Galicia aumentaron nun 35 por cento e prevé que a produción desta especie medrará nun 30 por cento aproximadamente ata 2025. Tamén comentou que o castaño ten futuro explotando o seu froito, pois a Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia estima que os beneficios dunha hectárea de castaños son de 6.000 euros ao ano, polo que pode ser unha alternativa rendible.

Exit mobile version