Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consistorio de Burela agarda que as obras na zona de xogos do parque Rosalía de Castro estean rematadas para Nadal

obras_parques_rosaliaBurela, 13 de decembro de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, e o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, visitaron este venres as obras que o Concello está a realizar na zona de xogos do parque Rosalía de Castro.

O edil popular explicou que “eses traballos consisten na renovación da totalidade dos xogos da zona dos nenos de mediana idade. Neste momento estanse a colocar os xogos e para a vindeira semana confiamos en que se coloque o chan de caucho e engadirase un bambán (columpio) na zona dos pequenos e tamén se reordenará a zona de xogos destes”.

Fernández Valle dixo que “o investimento ascende a uns 36.000 euros, dos que a Consellería de Presidencia da Xunta aporta preto de 30.000 euros. Tal e como xa indicamos no seu momento a obra estará lista para o Nadal, co que unha vez máis o equipo de goberno cumpre co que di. Cunha achega pequena do Concello faremos unha obra que é importante para o uso e disfrute de todos os nenos e nenas de Burela”.

O concelleiro de Obras engadiu que “os xogos son todos novos, con moito colorido e con formas distintas ás que había para darlle un maior atractivo á zona e o chan de cortiza cambiase por caucho continuo, que da máis seguridade, é mais limpo e máis hixiénico. En total estamos a actuar nunha superficie duns 200 metros cadrados. Con esta remodelación gañamos 50 metros cadrados, eliminando un corredor que había entre as distintas zonas de xogos do parque Rosalía de Castro”.

Exit mobile version