Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular burelés afirma que “o grupo socialista é exemplo de descontrol e de odio”

Burela, a 27 de decembro de 2013.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela criticou este venres o comportamento do PSOE no pleno celebrado onte no que se aprobaron os presupostos municipais para 2014. “O PSOE burelés é un partido en total desbandada, sen ningún criterio de actuación; e o grupo municipal socialista é un exemplo de descontrol, de anarquía, e de demostración de hasta onde pode chegar o odio en política”.

Os concelleiros e concelleiras do PP burelés afirman que “o pleno, no que se debatían dous asuntos importantes, un vencellado con documentación a enviar á Xunta en relación co PXOM, e o outro o relativo á aprobación dos presupostos, comenzou con só dous membros do grupo socialista, o que de entrada demostra ben ás claras a falta de interés, de seriedade e de rigor dos socialistas en dous asuntos que son de capital importancia para o noso concello e os seus veciños”.

“Posteriormente, e logo de terse debatido e votado o primeiro punto, e xa comenzado o debate dos presupostos, incorporáronse a Sra. Bouza e a Sra. López Villar. O Sr. Domenech non asistiu á sesión. A Sra. López Villar, con modos de todo punto inadecuados e sen mediar palabra, deixou no escano do alcalde un escrito que resultou ser unha enmenda ós presupostos”, manifestan desde o GMP. Pero, engaden, “a pesares de que legalmente o alcalde podía facer caso omiso do indicado documento, que non estaba presentado polo rexistro, o alcalde debateu a enmenda e someteuna a votación, que loxicamente foi rexeitada por improcedente na forma e no fondo”.

“E esto acontece nun grupo municipal, o socialista, con cinco concelleiros, dos que un, o Sr. Llano, tén dedicación exclusiva e cobra 51.000’00€ anuais. Ainda que o máis surrealista e absolutamente delirante foi escoitar do Sr. Llano a súa xustificación do porqué non se entregara o documento polo rexistro, afirmando que cando o foron entregar o rexistro municipal estaba pechado. Que un concelleiro non coñeza cal é o réxime horario do seu concello resulta abochornante para quen o dí”, indican desde o GMP.

Ademáis, os concelleiros e concelleiras do Grupo Popular lamentan “ter que escoitar, unha vez máis, insultos de calado do Sr. Llano dirixidos ó alcalde, tales como ‘mentiroso compulsivo’, e semellantes, insultos que entendemos dirixidos á totalidade do grupo municipal; e mesmo insinuacións de amaños de asuntos municipais. Retamos ó Sr. Llano a que se tén algo que demostrar, que o faiga nas instancias que proceden, e de non ser así que modere a súa forma de falar, bastante faltona e tabernaria nos últimos dous anos. Igualmente, a Sra. López Villar debe moderar a súa cotidiana tendencia ás insinuacións difamatorias”.

Para o GMP “esto demostra a total ausencia de argumentos do Sr. Llano e do PSOE para criticar o traballo que se está a facer desde o goberno municipal: cando non hai alternativa, recúrrese á descalificación e ó insulto personal, algo a que xa nos tén acostumados o PSOE e especialmente o Sr. Llano e algún dos seus acólitos de partido. O Sr. Llano quere tapar así as súas carencias como líder político dos socialistas de Burela, tendo en conta que hai alomenos tres persoas que lle queren mover a silla e optar a ser cabeza de lista nas próximas municipais”.

O GMP engade que “ó respecto de mentir, non cremos que sexa mentiroso quen promete recuperar as subvencións municipais e cumple; quen afirma facer todo o posible para manter as cuidadoras dos comedores e cumple; quen asegura que o PXOM sairá adiante e cumple; quen asegura que abrirá Torrentes e cumple, etc..Polo que lle pedimos ó Sr. Llano que deixe ese tipo de insultos, modere a súa linguaxe e se centre en, primeiro, poñer orden dentro do seu grupo político, que boa falta lle fai, e, segundo, facer propostas en positivo para os veciños do concello, porque así temos que deducir que está demasiado ben pagado pola Diputación para non facer nada de utilidade”.

Exit mobile version