Site icon Crónica3.com A Mariña

O Padroado do conxunto histórico-artístico de Sargadelos reunirase o vindeiro xoves 12 de decembro

Lugo, 9 de decembro de 2013.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, convocou aos membros do Padroado do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos para unha reunión extraordinaria do devandito ente que se levará a cabo o próximo xoves a partir das 11.00 horas da mañá.

Deste xeito, na xuntanza abordarase principalmente a determinación da vinculación do padroado coa situación da empresa de cerámica de Sargadelos e do conxunto histórico-artístico do mesmo nome.

Neste sentido, convén subliñar que coa convocatoria concrétase unha reunión de traballo que o departamento autonómico estaba á barallar como prioridade para esta mesma semana e que só estaba pendente de confirmación de hora e data, tal e como xa se tiña informado aos membros do comité de empresa de Sargadelos o pasado xoves.

Exit mobile version