Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento galego censura á Deputación de Lugo tras poñer en marcha un plan de emprego que “marxina a 9 de cada 10 parados lucenses”

alcaldespp-parlamentoSantiago, 18 de decembro de 2013.- O Parlamento galego censurou este mércores á Deputación de Lugo ante a pretensión desta institución, gobernada por PSOE e BNG, de poñer en marcha un plan de emprego que, segundo recordou o parlamentario popular Jose Manuel Balseiro, “marxina a 9 de cada 10 parados lucenses, que nin tan sequera poderán participar na selección”.

Jose Manuel Balseiro quixo deixar claro que o Grupo Popular non está en contra de ningunha iniciativa que xere emprego pero si defende que unha administración que xestiona fondos públicos, saídos dos petos dos cidadáns -neste caso dos lucenses- está obrigada a garantir a igualdade de acceso e oportunidades laborais de todos os cidadáns e, polo tanto, “a Deputación de Lugo non te escusas para atropelar, marxinar e desprezar aos desempregados lucenses”.

Balseiro explicou que as bases deseñadas polo Goberno bipartito eran “sesgadas e partidistas” xa que destina dous millóns de euros para só contratar a 80 persoas, isto é, so chega ao 0,25% dos desempregados. Ademais tanto o seu inicio, un mes antes das eleccións europeas, como o seu final, un mes despois das eleccións municipais, coincide con citas coas urnas.

SO 12 DOS 67 CONCELLOS
“A Deputación de Lugo discrimina aos parados en función do concello no que residen”- denunciou Balseiro, quen puxo de manifesto que tan só cumpren os criterios 12 dos 67 concellos lucenses, curiosamente, 11 gobernados por PSOE e BNG e un gobernado polo PP; situación desproporcionada tendo en conta que o PP goberna o 64% das alcaldías.

Quedan fóra do plan de emprego todos os concellos que superan os 5.000 habitantes, aqueles que resultaron beneficiarios dun obradoiro de emprego entre 2010 e 2013 e todos aqueles que non acadan a puntuación mínima en base a uns criterios que nada teñen que ver coas condicións de empregabilidade como son a superficie forestal e a rede Natura.

OBRADOIROS
Balseiro tamén desmentiu o argumento empregado por PSOE e BNG para xustificar este plan de emprego discriminatorio, baixo o fundamento de que busca compensar a falta de apoio da Xunta con estes 12 concellos que si poden optar ao plan. Neste senso lembrou que o 90% deles nin tan sequera solicitou un obradoiro de emprego, polo que sería imposible que llo concederan. Ao mesmo tempo lembrou que a Xunta, a través do plan de Cooperación chega a todos os concellos da provincia sen exclusión

AMPLA REPRESENTACIÓN LUCENSE
A voceira do PP na Deputación, Elena Candia, deputados, unha ampla representación de alcaldes e portavoces municipais da provincia de Lugo apoiaron desde a tribuna do parlamento a iniciativa popular e quixeron trasladar a indignación dos lucenses ante o intento do executivo que preside Gómez Besteiro de discriminalos. Cómpre lembrar que 43 concellos da provincia xa aprobaran nos seus plenos municipais acordos semellantes, instando á deputación a corrixir as bases que regulan o plan de emprego.

Exit mobile version