Un campionato que na anterior edición tivo moi boa acollida e que este ano o Club de Tenis de Mesa de San Cibrao como organizador, e o Concello como colaborador, agardan que se manteña nos mesmos niveis de seguimento e incluso que se incrementen. A inscrición está aberta ata o día 19 e pode realizarse na Casa da Cultura, por teléfono no 982 59 51 57 ou no correo electrónico fernandez.rey@wanadoo.es.
Ao igual que na anterior edición, a competición distribuirase segundo catro categorías: alevín (de 8 a 10 anos), infantil (de 11 a 12 anos), cadete (de 13 a 15 anos) e absoluta (de 16 anos en diante). En canto aos trofeos, entregaranse aos primeiros, segundos e terceiros clasificados en cada categoría.
Este evento deportivo inclúese nos Pasatempos de Nadal e prográmase para estas datas co obxectivo de convocar ao máximo número de persoas posible, tendo en conta que se trata de días libres para moitas persoas e ao mesmo tempo inícianse as vacacións escolares.
Do mesmo modo que na primeira edición, o obxectivo do torneo é promover a práctica deste deporte, facelo visible e, desta maneira, espertar o interese daquelas persoas que aínda non o practicaron ou que poidan verse interesadas en mellorar a súa técnica. E é que cada vez son máis os afeccionados que dedican unha parte do seu tempo de lecer a esta disciplina. De feito o Club de Tenis de Mesa de San Ciprián conta con preto de 30 socios.
Neste caso, o torneo está aberto á participación de calquera persoa que coñeza a disciplina, sen ningún requisito de nivel, polo que “animamos a todos os deportistas aos que lles guste o tenis de mesa que se inscriban e participen” remata Guillén.