Site icon Crónica3.com A Mariña

O pavillón de San Cosme acolle unha festa infantil de Nadal o sábado 21

171213 Foto Festival Nadal 1Barreiros, 17 de decembro de 2013. O Concello de Barreiros organiza unha festa infantil de Nadal que se celebrará no pavillón de San Cosme o vindeiro sábado, día 21. O evento, con entrada de balde, contará coa presenza de Papá Noel e haberá diversas actividades, sorteo de cestas, chocolatada e agasallos para todos os nenos e nenas.

O evento empezará ás once e media da mañá con inchables e un obradoiro de globloflexia e maquillaxe ata as 14 horas. De catro a cinco da tarde haberá de novo inchables. Para as 17 horas está programada a actuación dun mago e de 18 a 19:30 terá lugar o espectáculo de animación con música e xogos Garabatos.

Os actos seguirán cunha cabalgata e recepción de Papá Noel e a entrega de agasallos a todos os meniños e meniñas censados en Barreiros e que nos últimos días recibiron unha carta para asistir a este encontro con Papá Noel e despois continuará co sorteo de cestas de Nadal. A festa infantil rematará cunha chocolatada prevista para unhas 600 persoas, xa que nenos e nenas poderán ir acompañados polos seus pais e avós, si así o desexan.

O evento foi presentado polo alcalde, Alfonso Fuente Parga, e polo concelleiro José Manuel Gómez Puente. O rexedor anima “a todas as nenas e os nenos de Barreiros a disfrutar desta festa o vindeiro sábado. Van contar con infinidade de actividades e actuacións para que pasen un día inolvidable”.

Exit mobile version