Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo salienta que hoxe hai menos desempregados na nosa provincia que fai un ano

Lugo, 3 de decembro de 2013.- O PP de Lugo avanzou que os datos de novembro demostran que hoxe hai menos desempregados na nosa provincia que fai un ano, en concreto, rexistra 463 parados menos que en 2012, un descenso do 1,66%.

Os populares quixeron poñer en valor este dato, fronte ás valoracións catastrofistas do PSOE lembrando ademais que o paro en Lugo acumula seis meses consecutivos de redución respecto do paro rexistrado no mes de xaneiro, un feito que non se producía desde que estallou a crise.

“Durante os meses de xuño, xullo, agosto, setembro, outubro e novembro o número de parados é menor que a cifra rexistrada en xaneiro e, polo tanto, esta tendencia permite prognosticar que tanto en Lugo como en Galicia o ano 2013 rematará con menos parados que cando comezou”- din desde o PPdeLugo.

Ademais mentres que no mes pasado mes de novembro o paro caeu en cifras interanuais en 463 personas, en novembro do ano pasado a cifra interanual incremetábase en 2.882 persoas, un dato seis veces superior.

Os populares din que, en todo caso, non se pode ser triunfalistas cando se trata de valorar as cifras de desemprego porque calquera parado e xa unha mala nova, pero o importante é que se vaia consolidando unha tendencia positiva que, en termos interanuais e xa prolongada.

VARIACION MENSUAL
Se ben a variación mensual dos datos de paro na provincia non é positiva, xa que o paro crece un 3,19% esta cifra é sensiblemente inferior á rexistrada en novembro de 2012 cando o paro incrementábase en 1.580 persoas un 6%, case e dobre.
PSOE

Os populares asumen o compromiso de seguir traballando, desde as administracións nas que teñen responsabilidade de goberno, e con máis forza se cabe para que os aumentos do paro sexan unha excepción e polo tanto, para que os datos positivos cheguen aos fogares galegos.

En todo caso consideran unha temeridade recibir leccións do PSOE en materia de emprego tendo en conta que eles foron os que maior destrución de emprego acumularon ao longo da súa lexislatura e os que xestionan ás comunidades autónomas con maior taxa de desemprego.

A nivel provincial tamén consideran absurdo escoitar aos socialistas falando de loita contra o desemprego cando son responsables directos do deseño dun polémico plan de emprego, o da Deputación de Lugo, que deixa fóra de optar a unha contratación a 9 de cada 10 desempregados e marxina á inmensa maioría dos concellos e comarcas da provincia.

Pola contra os populares poñen en valor as políticas da Xunta e do Goberno al e indica que o paro baixa no conxunto do Estado por primeira vez en 24 anos nun mes de novembro.

Exit mobile version