Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo consegue a ampliación do período de exposición pública do PXOM

Mondoñedo, 30 de decembro de 2013.- O Partido Popular de Mondoñedo conseguiu esta mañá que se amplíe o período de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación (PXOM).

Os populares acadaron o consenso das outras formacións políticas (PSOE e BNG) durante a celebración este luns dun pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular e na que como único punto do día recollía instar ao Concello de Mondoñedo a que se ampliara este prazo.

Este novo prazo de exposición pública será de quince días dende a última publicación deste acordo. É dicir, o anuncio da ampliación será publicado nun diario oficial e en dous xornais, e o prazo de quince días comezará a contar dende a última publicación; dando deste xeito resposta a unha demanda dos veciños que pedían máis tempo para estudar un documento de especial relevancia tanto para o municipio en xeral, como para cada mindoniense, en particular.

Os populares lembran que son numerosas as demandas por parte dos veciños relativas á petición de información sobre o plan, e a súa resolución frutífera implicaría esta ampliación do prazo de exposición pública do PXOM.

A maiores esta ampliación do prazo xustifícase polos erros detectados no plan, o que conleva a oferta dunha maior información aos veciños e máis tendo en conta que as oficinas técnicas non estiveron a pleno rendemento.

Colaboración do Partido Popular
Deste xeito, o Partido Popular de Mondoñedo deixa de novo patente a súa implicación para que este documento sexa unha verdadeira peza para o futuro do municipio e máis sendo conscientes da relevancia e necesidade de que se elabore con éxito un documento destas características,

Así, dende a publicación no DOG do anuncio de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal; os populares realizaron unha labor informativa do documento; tanto a través de reunións nas distintas parroquias, como coa apertura da sede local do PP; onde os veciños poden analizar a documentación a maiores de ofrecer asesoramento técnico.

Exit mobile version