Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lamenta que AGE teña perdido a oportunidade de esixir á Deputación de Lugo que non discrimine aos desempregados lucenses

Lugo, 19 de decembro de 2013.- O Partido Popular de Lugo lamentou que os deputados de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) teñan perdido a oportunidade de esixir, onte no Parlamento de Galicia, que a Deputación de Lugo non discrimine aos desempregados desta provincia.

Os populares fanse eco así do malestar que provocou o feito de que a coalición de Anova e Esquerda Unida non quixera esixir a corrección dun plan de emprego, o promovido por socialistas e nacionalistas desde a administración provincial, que deixa fóra a 9 de cada dez lucenses.

Desde o Partido Popular xulgan sectaria e incomprensible a postura de AGE e poñen de relevo a contradición dunha formación política que en Lugo mantén un discurso crítico contra o plan de emprego e en Santiago vota conxuntamente con PSOE e BNG, ito é cos que marxinan aos desempregados da nosa provincia.

Os populares sospeitan que este comportamento contraditorio débese a que en Lugo está a acontecer o mesmo que no resto de Galicia, onde en AGE unha parte da coalición non se fala cos seus compañeiros e de aí a toma de posición e voto dos seus deputados no Parlamento de Galicia e, moi en particular, a torpeza do seu deputado Ramón Vázquez.

Exit mobile version