Site icon Crónica3.com A Mariña

O Teatro de Ribadeo acollerá a proxección do filme ‘A cicatriz branca’ dirixido por Margarita Ledo este xoves 19

cartel   A cicatriz BlancaRibadeo, 16 de decembro de 2013. O Teatro de Ribadeo acollerá este xoves, día 16 de decembro, ás 20 horas a proxección do filme titulado A cicatriz branca. É a segunda do ciclo Un ollo de vidro e está organizada pola Área Municipal de Igualdade. Trátase dunha longametraxe sobre as discriminacións que sufriron as mulleres emigrantes en Arxentina nos anos 50.

A concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez Lastra, explicou que “este filme está realizado por Margarita Ledo, unha das directoras máis senlleiras do país e con dilatada experiencia. Esta proxección organízase desde a área de Igualdade porque a temática vai sobre as desigualdades e discriminacións ás que se someteron ás mulleres que emigraron”.

Mari Luz Álvarez engadiu que “é unha longametraxe de ficción que retrata as vivencias das mulleres que emigraron solas á Arxentina nos anos 50. Mulleres que, en aras dun futuro mellor, entraban a traballar como costureiras, operarias de fábricas ou criadas. Pon en evidencia o ocultamento secular ao que foron sometidas as mulleres por razón de xénero e que continúa vixente nos nosos días. A degradación persoal, a discriminación social e cultural, a explotación laboral da que foron e son obxecto toman forma nunha película que aborda a feminización da pobreza e supón unha aposta pola diferenza e a defensa dos dereitos humanos”.

Exit mobile version