Site icon Crónica3.com A Mariña

O Viveiro FSF non foi quen de reaccionar á presión das líderes da categoría

O Viveiro desprazábase á cancha do líder da categoría, o Quiroga FSF, que demostrou en todo momento o por qué da súa clasificación, diante dun desdebuxado Viveiro que encaixou tres goles nos primeiros cinco minutos de partido.

A primeira parte foi un cúmulo de despropósitos por parte das xogadoras do Viveiro que eran incapaces de saír da presión das locais e en defensa non souberon adaptarse a unha pista moi esvaradía, que facía que unha e outra vez as xogadoras locais chegaran con facilidade diante da meta de Diandra, das poucas xogadoras que rendeu ao nivel esperado.

O resultado ao descanso xa era de 5-1 e todo facía ver que se as viveirenses non espertaban e podían levarse unha importante goleada.

Na segunda metade as viveirenses saíron máis centradas e melloraron a súa defensa, a vez que en ataque chegaban con máis perigo diante da meta rival; pero os erros diante da portería local traducíanse en rápidos contraataques das xogadoras do Quiroga, que aproveitaron a falla de definición das de Viveiro, que puideron recortar distancias en varias ocasións e, sen embargo, encaixaron dous novos goles. Lis recortou de novo distancias no último minuto de partido.

En resumo, un encontro para esquecer que rematou cun 7 a 2 no marcados. Agora toca centrarse no encontro do vindeiro sábado diante do Sporting Rabadense a fin de pechar o ano con bo sabor de boca.

Quiroga FSF 7 – Viveiro FSF 2
Quiroga: Patricia, Carolina (1), Alba (3), Carlota (2) e Isabel (1). Tamén xogaron: Paula, Sabela e Andrea

Viveiro: Diandra, Nerea, Mery, María, Xiana. Tamén xogaron: Lis (2), Marta, Andrea e Nerea Abad.

Exit mobile version