Site icon Crónica3.com A Mariña

Os laranxas comezan a segunda volta ante o Peñíscola

O Burela Pescados Rubén comeza a segunda volta, xornada 16, da Primeira División ante o Peñíscola Bodegas Dunviro. O duelo ante as escuadra levantina dispútase o sábado 21, ás 18.30 horas en Vista Alegre. O conxunto dirixido por Juanlu Alonso venceu por 1-3 na primeira xornada de competición á escuadra de Ricardo Iñiguez que actualmente ocupa a décima posición con 15 puntos. Únicamente un punto menos que un Burela Pescados Rubén, noveno, que busca dar continuidade á reacción lograda ante o Levante na Copa do Rei, tralo varapalo da Copa de España.

O técnico burelés mostrouse contento “coa resposta do equipo ante o Levante, soubemos reaccionar tralo duro golpe e agora queremos iniciar a segunda parte da Liga cunha vitoria que nos permita crecer en confianza. Temos seis partidos na nosa casa e oito como visitantes polo que non podemos deixar escapar puntos de Vista Alegre. Queremos iniciar o camiño cara aos Play Off”.

Respecto ao rival, o Peñíscola Bodegas Dunviro indicou que “é un equipo que realiza unha defensa agresiva en zona alta e dispón de dous bos especialistas na posición de pivot, Juanqui e Solano que xeran moito perigo. Debemos estar moi atentos para minimizar a súa influencia no xogo”.

Convocatorias
Burela Pescados Rubén: Edu, Isi, Christian, Antoñito, Burrito, Matamoros, Álex, Mimi, Hugo, Carlitos, Iago Míguez e Juanma.

Peñíscola Bodegas Dunviro: Gus, Uge, Contreras,Charly Maza, Juanqui,Solano, Míchel, Asensio, Iván, Voitre, Gonzalo e Carlos Anós.

É baixa por pubalxia Diego Blanco.

Exit mobile version