Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares de Viveiro trasladan á Corporación Municipal as súas inquedanzas sobre a seguridade cidadá trala supresión das quendas de noite de domingo a xoves

O Grupo Municipal Popular de Viveiro realiza ó Alcalde da Corporación varias preguntas ás que agarda obter resposta durante e celebración do vindeiro Pleno.

Nesta ocasión, o concelleiro popular Antonio Bouza Rodil pregunta pola situación do plantel da Policía Local, o número de vacantes, o motivo polo que se autorizou a marcha dunha axente para o Concello de Guitiriz ou para cando está previsto volver cubrir esa praza de cara a prestar aos veciños de Viveiro un servizo “tan esencial para a súa seguridade”.

Trátase dunhas cuestións que os populares se plantexan dende que no pasado mes de setembro se suprimiran as quendas de noite de domingo a xoves que viña efectuando a Policía Local. Daquela a corporación esgrimira razóns de falta de persoal ao rexistrarse varias baixas. Neste sentido, os populares non entenden como seguen sen cubrirse estas quendas a pesar de que o número de efectivos continúa a ser o mesmo que nos meses de xuño, xullo e agosto.

Exit mobile version