Site icon Crónica3.com A Mariña

Os premios de artesanía “Alma da Artesanía” da Mariña de Lugo serán entregados este martes no Cenima de Foz

Este martes 17 de decembro ás 12 horas no CENIMA de Foz, terá lugar o acto de entrega de premios do Premio de Artesanía “Alma da Artesanía” da Mariña de Lugo.

Primeiramente terá lugar acto de inauguración da exposición das obras premiadas e finalistas, na sala I do CENIMA. A continuación no salón de actos terá lugar a entrega de premios, presentada polo Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.

O Premio de Artesanía “Alma da Artesanía”, de a Mariña de Lugo contempla dúas categorías dotadas economicamente con 1000 euros cada unha: Artesanía Tradicional e Artesanía Contemporánea.

Na categoría de Artesanía Tradicional, outorgaráselle o primeiro premio Don Miguel Ángel Fernández González que coa súa obra trasladou os valores da artesanía contribuíndo a preservar os oficios artesáns tradicionais, mediante a súa experiencia, o desenvolvemento técnico do oficio e a formación.

Na categoría de Artesanía Contemporánea, outorgaráselle o primeiro premio a Dona Pilar Rei Teixeiro que coa súa obra fomenta unha artesanía creativa, conceptual e comunicativa, que adaptada ás tendencias actuais de consumo, contribúa á preservación e transmisión dos valores culturais da artesanía en convivencia coa incorporación de novos materiais e metodoloxías.
E a maiores entregaranse cinco premios adquisición por cada unha das dúas categorías.

A continuación o coordinador do premio lerá un extracto das bases, onde se xustifica a celebración do premio, e a acta do xurado, seguidamente vaise chamando os premiados.

Os premios serán entregados por parte das autoridades presentes, co correspondente cheque,
unha escultura realizada por Otero Regal, para a ocasión e un diploma acreditativo do premio.

Finalizará o acto, a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro ou a persoa en quen delegue.

Exit mobile version