Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Cervo presentan unha emenda ós Ornamentos para que o goberno desine 300.000 euros á creación dun plan de emprego

CERVO, 10 DE DECEMBRO. O Grupo Municipal Socialista de Cervo vén de presentar este martes unha emenda ós orzamentos aprobados en pleno o pasado 14 de novembro, “rexistramos unha única reclamación ós presupostos para que o goberno do PP faga unha modificación de conceptos orzamentarios coa finalidade de incrementar a partida para a promoción do emprego no noso concello”.

O obxectivo dos socialistas é “crear o plan de emprego municipal, que xa lle solicitamos ó equipo de goberno no debate orzamentario. Ante a situación tan difícil na que estamos e tendo en conta que o 2014 asemella aveciñarse aínda peor, temos que adiantarnos ó noso devir e tratar de gastar tódalas ferramentas que temos á nosa disposición para facerlle máis fácil a vida ós nosos veciños”.

Por todo, solicitamos ó pleno da corporación cervense que “acepte a nosa emenda e teña en conta nos orzamentos do ano que vén, unha partida orzamentaria dotada con 300.000 euros para elaborar un Plan para o Fomento do Emprego, plan que se podería facer a medida do perfil maioritario dos nosos desempregados, se se preocupan realmente por averiguar cara onde se debería facer máis fincapé”.

Gastos reducibles
Os socialistas falan de 300.000 euros a destinar para este plan de emprego xa que entenden que “ésa é a cantidade que podemos chegar a acadar coa reducción de certas partidas que cremos máis prescindibles”.
Neste senso, comezan diminuíndo “uns 50.000 euros en gastos de tributos e suministro de abastecemento e 20.000 euros da taxa de SOGAMA. Se a isto lle sumamos un total de 100.000 euros que podemos retirar da partida gastos diversos, así mesmo o recollen os orzamentos, xa contamos cun total de 170.000 euros”.

Os 130.000 euros restantes obtéñenos “restando 100.000 euros ós destinados polo goberno a infraestructuras e quitando outros 30.000 euros á partida de reparacións de estradas e camiños. Para todas estas obras aínda quedarían un total de 162.000 euros máis as subvencións a percibir por outras administracións públicas, que consideramos máis ca suficientes”.

Os membros do GMS subliñan que “vemos preferible reducir neste tipo de gastos e poder invertir máis en materia de emprego. A situación que están a vivir moitos dos nosos veciños é moi delicada e os organismos públicos, coma o Concello, deberían poñer todo o seu empeño por tomar as medidas máis acertadas neste tipo de casos”.

Piden ó equipo de goberno que “reflexione á hora de aceptar a nosa proposta. Con estes 300.000 euros, a partida total destinada para a promoción de emprego ascendería ós 448.000 euros. A loita contra o paro no noso concello debe ser o obxectivo destes presupostos, é unha prioridade que cremos que debería prevalecer por riba de gastos moito menos necesarios”.

Exit mobile version