Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas destacan a necesidad de reforzar o servizo de Policía Local ante a oleada de roubos en San Cibrao

CERVO, 17 DE DECEMBRO. Trala última oleada de roubos no Concello de Cervo, os socialistas alertan ó equipo de goberno para que “reforcen os dispositivos de seguridade que están ó seu alcance. É lóxico que, ante os últimos feitos acontecidos, sobre todo en San Cibrao, os veciños estean preocupados e se sintan totalmente desprotexidos”.

Precisamente nestes casos é cando “botamos de falta o bo servizo de policía local que tiñamos ata que o PP entrou no Concello. Un equipo que, como xa apuntamos noutras ocasións, se pretende desmantelar pouco a pouco. Grazas á despreocupación e falta de interese do señor alcalde, Alfonso Villares, xa só podemos contar cun policía e un auxiliar. E se seguen polo mesmo camiño acabaremos perdendo esta prestación que tanto nos costou conseguir”.

Dende o Grupo Municipal Socialista esixen que “traten de reforzar este servizo tan importante para a seguridade dos nosos veciños. Nos últimos meses, estamos vendo como a tónica habitual neste Concello é a perda constante dos distintos servizos públicos. Pedimos que cambien totalmente de actitude, intenten salvar e protexer a nosa policía local e non a deixen morrer como deixaron escapar outros tantos servizos como por exemplo, a praza de médico en Cervo ou o servizo de comedor escolar”.

Exit mobile version